Mejuto, Eva (1975-)

Os contos do Lobicán / Eva Mejuto - 1ª ed. - A Coruña : Baía , 2023 - 31 p. : il. cor ; 23 cm

Obra gañadora da XV edición do premio Barriga Verde (2022) de textos para teatro de monicreques (modalidade rapaces). Co-edición con Agadic.

Os contos do Lobicán é unha proposta estética adaptada con rigorosidade ao teatro de monicreques; unha historia en verso, áxil, divertida e atrevida que busca darlle a volta ao conto, que combina personaxes e universos temáticos propios dos contos clásicos con temáticas de actualidade, nomeadamente o respecto pola natureza e a convivencia pacífica e respectuosa entre os seres humanos e os animais.

Lobicán, un lobo pequeno rosmón e inocente, que gusta ler, cantar, tocar música e cociñar mais non estudar e ir á escola, recibe a encomenda de súa nai de levar á casa do avó no bosque unha rica torta de amora e coidarse dos humanos, que só pensan en matalos.
No seu camiño polo bosque ten que fuxir dos animais que gustan do cheiro da torta e coincide con Xiana, unha nena que vai á casa da súa tía cun bote de mel e coa que, logo de superaren cadanseus medos e reservas, inicia unha boa amizade.
Que sorpresas nos depararán xuntos os dous?

3º-4º Primaria

9788499954271 (Baía) 9788445354544 (Xunta de Galicia)


Lobos
Samaín
Medo
Humor
Animais humanizados
Obras de teatro

82-T

Coa tecnoloxía Koha