Florencio Delgado Gurriarán : Polos vieiros da saudade / Héctor Cajaraville
por Cajaraville Araújo, Héctor (1974- ) [autor/a]
; Antepazo, Antía [ilustrador/a]
.
Tipo: 







Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme Sober Sala préstamo | 92 CAJ flo | Dispoñible | LEC072000004166 |
|
Contén fragmentos da poesía de F. Delgado Gurriarán e sete poemas de Hector Cajaraville inspirados na obra do autor homenaxeado
Na cub. ademáis : Letras Galegas 2022
Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacou como poeta e segue a ser o autor máis representativo da súa Valdeorras natal. Pero foi tamén articulista, crítico literario, coordinador editorial, lexicógrafo, tradutor, corrector... Como moitos outros intelectuais galeguistas, tras o golpe de Estado de 1936 tivo que tomar o camiño do exilio. No seu caso o lugar escollido foi México, onde levou a cabo un intenso labor cultural. Algúns dos proxectos que encabezou tomaron forma de publicación periódica, como as revistas Saudade e Vieiros. Nunha época en que a cultura galega se desenvolveu con máis vigor fóra ca dentro das súas fronteiras naturais, persoeiros como Delgado Gurriarán desempeñaron un papel fundamental para a súa supervivencia.
5º-6º Primaria