Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Cos brazos abertos / Antonio Rubio

por Rubio, Antonio (1953- ) [autor/a]; Girón, Maria (1983-) [ilustrador/a]; Ballesteros, Xosé (1956-) [tradutor/a]; Ballesteros, Xosé (1956-) [adaptador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2022 Edición: 1ª ed.Descrición: 31 p. : il. cor ; 30 cm.ISBN: 9788413431598.Materia(s): Escola | Diversidade | Multiculturalidade | Respecto | Inmigración | EmigraciónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: «Cos brazos abertos» presenta a diversidade a ollos da infancia a partir dunha xornada no colexio, onde nenas e nenos de distintas procedencias conviven felices e en harmonía, aprendendo e axudándose mutuamente, compartindo xogos, melodías, sabores, danzas… Esa diversidade plásmase na fisionomía e na pel dos escolares, nas súas respectivas linguas maternas ou nos costumes propios de cada colectivo. Antonio Rubio abrangue toda esa valiosa riqueza con versos que destacan pola beleza e pola sutileza das figuras literarias. Así, nestas aulas conflúen nenas e nenos con raíces en Asia, África, América, Centroeuropa… Trazando un paralelismo, o autor introduce a figura das criaturas mariñas e das aves migratorias, que sucan as augas e o ceo sen fronteiras que limiten a súa liberdade. Este canto á esperanza dun mundo fraterno e igualitario complétase coas fermosas ilustracións de Maria Girón, onde a diversidade identifícase cunha ampla paleta cromática. Ao dinamismo das escenas, con múltiples perspectivas, únense o realismo e a expresividade dos retratos.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CEIP Plurilingüe Virxe do Carme Sober
Sala préstamo
3 RUB cos Dispoñible LEC072000003677

Título orixinal: Con los brazos abiertos.

«Cos brazos abertos» presenta a diversidade a ollos da infancia a partir dunha xornada no colexio, onde nenas e nenos de distintas procedencias conviven felices e en harmonía, aprendendo e axudándose mutuamente, compartindo xogos, melodías, sabores, danzas… Esa diversidade plásmase na fisionomía e na pel dos escolares, nas súas respectivas linguas maternas ou nos costumes propios de cada colectivo.
Antonio Rubio abrangue toda esa valiosa riqueza con versos que destacan pola beleza e pola sutileza das figuras literarias.
Así, nestas aulas conflúen nenas e nenos con raíces en Asia, África, América, Centroeuropa… Trazando un paralelismo, o autor introduce a figura das criaturas mariñas e das aves migratorias, que sucan as augas e o ceo sen fronteiras que limiten a súa liberdade.
Este canto á esperanza dun mundo fraterno e igualitario complétase coas fermosas ilustracións de Maria Girón, onde a diversidade identifícase cunha ampla paleta cromática.
Ao dinamismo das escenas, con múltiples perspectivas, únense o realismo e a expresividade dos retratos.

1º-2º Primaria

Coa tecnoloxía Koha