Fina e os mapas : Descubrindo os mapas colaborativos
por Pablo Sanxiao
; Iria Iglesias [ilustrador/a]
.
Tipo: 

Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CEIP Plurilingüe Virxe do Carme Sober Sala préstamo | 91 SAN fin | Prestado | 15/05/2025 | LEC072000004034 |
|
Por que este libro?
Todo acontece nalgún sitio. Os mapas dende tempos lexanos son unha ferramenta imprescindible para coñecer e comprender o territorio que nos rodea. Con este libro preténdese dar a coñecer á xente nova a importancia dos mapas para entender o mundo, e tamén o concepto de mapas colaborativos, apoiándose na iniciativa máis coñecida neste eido como é o proxecto OpenStreetMap
Un mapa é ademais unha fonte de información, polo tanto, é importante tamén comprender que os datos que están detrás dun mapa teñen que ser abertos. Un mapa por si mesmo non é neutral, ten unha intención. Polo tanto é vital comprender a diferencia entre o mapa e os datos que o conforman, e que estes datos sexan libres, para partindo deles, crear os nosos propios mapas.
Créditos
Nesta aventura, Fina xunto coa súa avoa, descobren o mundo dos mapas colaborativos, a relación entre a tecnoloxía actual e a arte da cartografía antiga. E convértense elas mesmas en cartógrafas da era dixital.